Tuesday 07 de May de 2024

A Casa do pobo de Lorbé acolle o venres a cea fría de Alternativa dos Veciños


Alternativa dos Veciños continúa este venres en Lorbé as ceas frías que servirán para presentar a candidatura e o programa electoral co que se presenta ás eleccións do vindeiro 28 maio. O acto comezará ás 21:00 horas, na Casa do pobo, e coma sempre será aberto a todos os veciños e veciñas interesados en informarse e coñecer as propostas de Alternativa para revalidar a maioría absoluta e gobernar Oleiros a próxima lexislatura.

“As portas estarán abertas de par e par ao conxunto dos veciños e veciñas”, comentou o candidato e presidente do partido Ángel García Seoane.